Factoría A Madroa

Temos dúas novas moi importantes que darvos, a razón pola que Victor Fernandez deixou de xogar no primeiro equipo e o nome do principal candidato para adestrar o Celta B a vindeira tempada. Pero hoxe hai tamén actualidade deportiva, a nova goleada recibida polo filial en A Coruña no derradeiro partido da tempada e, especialmente, a Copa do Rei de Xuvenís, que comezou o pasado domingo en A Madroa. Analizamos ese encontro e escoitamos a valoración do técnico do División de Honra, Curiel, sobre partido e as posibilidades de pasar de rolda.
Como sempre en streaming xusto aquí debaixo, e podedes descargalo en Ivoox | O Fútbol é Celeste e suscribiros en iTunes | O Fútbol é Celeste.

El Fútbol es Celeste 2010-2016 | Material bajo una licencia Creative Commons | Diseñado por Simón Agulla y Gustavo Agulla sobre una plantilla | Motorizado por Blogger