Convocatoria ao celtismo: #NonNosRendemos


Di o refraneiro popular que cando un se cae sempre está obrigado a erguerse. En Vigo, cidade esixente por natureza, fixemos dese dito o noso particular lema. Noventa anos de historia nos que o sufrimento e as bágoas de angustia eran os nosos compañeiros de viaxe. Claro que de cando en vez adornados por un sorriso, pero o certo é que o noso sempre foi a loita contra todo tipo de tempestades para intentar obter, todo mes de xuño, unha permanencia, unha promoción ou, se as cousas non ían de todo mal, un lugar en Europa. Pero sempre loitando ata o final, sabendo que ninguén ía dar nada por nós e erguéndonos cada vez que tropezabamos. Así somos e así seremos sempre. 

A oito partidos do final, a situación é límite. Non hai marxe de erro. Pero #NonNosRendemos. E vós, celtistas, xogades agora un papel fundamental. Vós sodes agora os protagonistas. O voso alento e o voso ánimo é necesario e obrigado para un equipo que o luns afronta a súa primeira final a vida ou morte. 

Polo tanto, e porque #NonNosRendemos, querémosvos convocar o próximo domingo a partir das 11 da mañá en Balaídos. Alí o Celta fará o último adestramento antes do choque ante o Mallorca. A vosa presenza é fundamental para que o equipo note que non está só, que conta con todo o apoio.

#NonNosRendemos 


Video por @karpinha08

Convocan: 

Medios
Peñas


NoticiasCelta.com
Arribada Celeste
Centolos Celestes
Comando Celta
MoiCeleste.com
Irmandiños
SuperMario Celeste
Siareiros Dezaos
El Fútbol es Celeste
Siareiros.net
Lío en Río
Iago Aspas
MeuCelta.com
Preferencia Celeste
Jorge Otero
Carcamäns Celestes
DelCelta.com
Morriña Celeste
Celtílikos


Zeru Urdin
Merlegos Celestes

El Fútbol es Celeste 2010-2016 | Material bajo una licencia Creative Commons | Diseñado por Simón Agulla y Gustavo Agulla sobre una plantilla | Motorizado por Blogger